Noticias
20 de agosto de 2012
Ique e o Burela FS chegan a un acordo para rescindir o contrato

O pivote brasileiro Carlos Henrique Riberio, Ique, rescindiu o contrato que o unía ao CD Burela FS Pescados Rubén ata xuño de 2013, despois de chegar a un acordo coa entidade laranxa este mediodía. O xogador, de 26 anos, remata así a súa andadura no conxunto mariñán, onde militou nas dúas últimas tempadas, na Segunda División.

Ique chegou ao CD Burela FS en 2011, no mercado de inverno, procedente do Concordia Chiajna Bucarest. No palmarés de Ribeiro salientan as vitorias no TV Alterosa e a Copa EPTV co Caldense (2004); tamén se alzou coa Copa e a Supercopa de Romanía co MGA-Bucarest (2005).

O club laranxa deséxalle a Ique moita fortuna na continuidade da súa traxectoria deportiva, que podería seguir vinculada ao fútbol sala español e á categoría de Prata en 2012-13. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores