Noticias
20 de agosto de 2012
Primeiros pasos para o Burela FS B

O incipiente Burela FS B Pescados Rubén dará os seus primeiros pasos esta semana. O novo proxecto laranxa, que militará na Terceira División, comeza a pretempada baixo as directrices de Iván Cao, Lucas, co inicio dos adestramentos de pretempada esta tarde-noite.

O groso do emerxente cadro laranxa estará configurado por xogadores novísimos, moitos deles en etapa xuvenil, e principalmente con formación burelista. Arrancarán esta tarde a pretempada con ilusión e folgos Carlos Valle, Diego Blanco ‘Keko’, Antón Couto, Andrés Míguez ‘Souka’, Aarón Fraga, Gabriel Costa ‘Xoia’, Pichi, Erik Campo, César Atoche, Adrián Juiz, Ángel Cao, Hélder Gonçalves e Fabio Salvador, ademais de Juan Quiroga. Segundo explicou Lucas, que estará acompañado en 2012-13 por Félix Izaguirre 'Candás' como delegado e José Manuel Otero como auxiliar, nos próximos é posible que se produza un par de incorporacións máis.

Test inicial. O conxunto mariñán disputará o seu primeiro amigable o vindeiro domingo, 26 de agosto, en Betanzos. O Troula FS, de Autonómica Norte, recibirá os burelistas no pavillón municipal, ás 19.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores