Noticias
20 de agosto de 2012
A brasileira Dany incorpórase aos adestramentos do Burela FS

A pivote brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, incorporouse á preparación de pretempada do CD Burela FS Pescados Rubén esta mañá. Se as xestións burocráticas seguen as canles previstas, a portentosa xogadora, procedente do Cajasur Córdoba, poderá formalizar o acordo coa escuadra laranxa para 2012-13 nos vindeiros días.

A goleadora Dany (São Paulo, 1984) militou as dúas últimas tempadas no conxunto andaluz, que anunciou a retirada de Primeira División a comezos de mes por motivos económicos. No seu debut cordobés, proclamouse pichichi da liga, con 41 dianas; a pasada campaña tamén destacou como unha das máximas finalizadoras, con 36 tantos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores