Noticias
27 de agosto de 2012
O Burela FS proclámase campión do VIII Memorial Celso Currás

O Burela FS Pescados Rubén proclamouse campión do VIII Memorial Celso Currás de Trabada o sábado derrotando ao Santiago Futsal. Os de Julio Delgado, que marcharon ao descanso cunha desvantaxe de 0-1, souberon impoñerse xustamente e facerse o título mariñán.
O equilibrio reinou nunha primeira parte na que os xogadores se tiveron que ir adaptando co paso dos minutos ao estado esvaradío da pista. Aínda que o Burela FS foi o primeiro en arriscar, as tentativas por ambas as partes non crearon demasiado perigo. Cando quedaban 57 segundos para o asubío do descanso, David Pazos estreou o marcador nunha saída de Edu.
Na segunda parte, o ritmo do partido cobrou máis intensidade. Con cinco faltas do lado compostelán antes de chegar ao ecuador do período, Juanma encargouse de anotar o empate (minuto 29) a balón parado. Co empate, axiña chegou o segundo dobre penalti para os de Burela, que nesta ocasión o Mariskal enviou ao pau. No entanto, na seguinte xogada, o xuvenil Antón subiu a vantaxe de 2-1, tras aproveitar un rexeitamento na tentativa de Iago Míguez. A pouco máis de tres minutos para o final, Barroso vestiuse de porteiro-xogador, sen inquedar en exceso a meta laranxa. A falta de poucos segundos, Iago Barro desde propia área sentenciou o encontro a porta baleira.
Composteláns e burelaos volverán enfrontarse o sábado 1 de setembro en Tui (20.30 horas).


Ficha técnica

Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Iago Míguez, Juanma e Christian, no quinteto inicial; tamén xogaron Hugo, Dani Martín, André, Fabio, Antón e Iago Barro

Santiago Futsal: Álex, Barroso, Raúl Campos, Hamza e David Pazos, no quinteto inicial; tamén xogaron Luis, David, Hugo, Mario Costa, Alan Brandi e Frois.

Goles: 1-0, minuto 19, David Pazos; 1-1, minuto 29, Juanma (dp); 2-1, minuto 32, Antón; 3-1, minuto 40, Iago Barro

Tarxetas: Polo Futsal, amarela para Barroso e expulsión de Hamza e Luis, por dobre amoestación.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores