Noticias
27 de agosto de 2012
Troula FS 4-1 Burela FS B

O emerxente Burela FS B Pescados Rubén caeu, no seu primeiro encontro de pretempada, ante o Troula Betanzos FS (4-1). O cadro mariñán, dirixido por Iván Cao ‘Lucas’, amosou unha excelente actitude, aínda que a escasa rodaxe, con apenas unha semana de adestramentos, afectou ao seu rendemento.

Os laranxas chegaron ao descanso en lixeira desvantaxe, con 1-0. Na segunda parte e con 3-0 en contra, o Burela FS conseguiu acurtar distancias, aínda que de novo apareceron os betanceiros, para subir o 4-1 definitivo. 

Aarón foi o artífice do gol laranxa. Polos locais anotaron Loren, Óscar e Rober.

 

Ficha técnica

Troula Betanzos FS: Sabín, Rober Paz, Óscar, Alberto e Rubén, no cinco inicial; tamén xogaron Loren, Lolo, Santi, Pablo, Iván, Niko e Fer

Burela FS B Pescados Rubén: Manuel, Keko, Souka, Fabio e Helder, no cinco inicial; tamén xogaron Erik, Ángel, Antón, Carlitos, Aarón, Atoche, Pichi

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores