Noticias
28 de agosto de 2012
Posta a punto coa clínica Virxe da Mariña

Os xogadores e xogadoras do Burela FS Pescados Rubén pasaron nas primeiras semanas da pretempada pola clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña para a súa posta a punto de cara ao acondicionamento ligueiro. Os membros laranxas foron sometidos ás pertinentes revisións médicas, para control e exame da preparación física.

Nos próximos días, o centro burelao completará as exploracións médicas das últimas incorporacións laranxas. Xunto aos recoñecementos da pretempada, os cadros sénior do Burela FS Pescados Rubén tamén estarán supervisados polos especialistas da clínica ao longo da competición.

A Virxe da Mariña (avenida Arcadio Pardiñas, número 145), que colabora coa entidade burelista dende hai anos, ofrece atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía, radioloxía e alergoloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico, tratamentos dermoestéticos e con láser e educación alimentaria.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores