Noticias
31 de agosto de 2012
Edu e Patri, na clausura da ocioteca estival de Burela

Os gardametas laranxas Patricia Otero e Eduardo Saavedra participaron esta mañá na clausura da ocioteca estival 2012 do Concello de Burela.

Os deportistas compartiron con preto de 50 nenos e nenas a última xornada de actividades no CEIP Vista Alegre, cos Xogos Olímpicos, nos que tamén tivo cabida o fútbol sala. Ademais de frear o ímpeto y puntería dos pequenos deportistas ante a portería, Patri e Edu tiveron o privilexio de facer entrega das medallas de clausura.

Baixo a coordinación da Concellería de Medio Ambiente, a ocioteca ofreceu unha ampla e variada programación de aprendizaxe lúdica e entretemento este verán destinada a nenos de entre 3 e 12 anos. Durante os meses de xullo e agosto, os  máis pequenos divertíronse e aprenderon con obradoiros de reciclaxe, xogos de animación, xogos co paracaídas, rutas ambientais (saídas á praia, limpeza de xardíns, visita ao barco-museo Reina del Carmen), talleres de pintura de madeira, animación á lectura…

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores