Noticias
4 de setembro de 2012
Cursos federativos de Instrutor de Fútbol Sala (Nivel 1 e Nivel 2) en Burela

Por segundo ano, Burela involucrarase na formación de adestradores baixo a organización da Federación Galega de Fútbol.  Deste xeito, a vila mariñá e o IES Monte Castelo volverán acoller un curso federativo de Instrutor de Fútbol Sala Nivel 1, ampliando a oferta co curso de Nivel 2; ambos os dous se desenvolverán entre outubro de 2012 e xuño de 3013.

Todas as persoas interesadas poden informarse na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, 982 581 815, burelafs@burelafs.org).

Valídanse estudos a licenciados, diplomados e mestres de Educación Física e titulados no ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas. O solicitante deberá achegar un escrito de solicitude acompañado de fotocopia compulsada do título.

 

Nivel 1

O prazo de inscrición para as probas de acceso de Nivel 1 estará aberto ata o venres 21 de setembro. Estarán exentos/as da proba de carácter específico, que terá lugar o sábado 6 de outubro (colexio Santa María do Mar, A Coruña), os/as aspirantes que acheguen na súa solicitude de inscrición un certificado federativo de xogar na categoría nacional de fútbol sala (Primeira División de Fútbol Sala, Segunda, Segunda B, Terceira e Liga Nacional Xuvenil, así como Primeira e Segunda femininas) no período máximo de dous anos anteriores a esta convocatoria e estean activos; os que superen os dous anos de inactividade deberán efectuar as probas físicas. Unha vez superadas ou validadas as probas de acceso, a matrícula poderá formalizarse ata o martes 16 de outubro.

O custo do curso ascenderá a 825 euros, fraccionados en tres prazos (inscripción 75 €, matrícula 375 € e 375 € antes do 28-01-2013).

 

Nivel 2

Para matricularse no Nivel 2, cuxo prazo rematará o venres 28 de setembro, será necesario estar en posesión do título de Instrutor de Fútbol Sala Nivel 1. O pago do ciclo realizarase en tres cotas (matrícula 425 €, 300 € antes do 31-12-2012 e 200 antes do 25-02-2013).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores