Noticias
5 de setembro de 2012 Foto: Azkar Lugo FS
Táboas para o Burela FS ante o Azkar Lugo (4-4)

O Burela FS Pescados Rubén recolleu onte un meritorio empate no seu desprazamento a Lugo, na presentación dos transportistas (4-4). “As sensacións do partido foron moi boas; notouse que o traballo se vai plasmando pouco a pouco na pista. Tacticamente o equipo funcionou, en posesión e circulación de balón e defensivamente estivemos acertados, con moitos minutos coa portería a cero” analizou o adestrador laranxa, Julio Delgado.

Nunha cita na que reinou o equilibrio e unha intensidade pouco habitual en pretempada, foron os laranxas os que tomaron a dianteira, na primeira parte, coa transformación dun penalti de Juanma (minuto 12).

Tras o descanso, a escuadra laranxa, sen Hugo e Nacho Pedraza, axiña puido ampliar a vantaxe ao 0-3 xa no minuto 23, con tantos do Mariskal, novamente, e Fabio. Excedido o ecuador do período, Christian recuperou as distancias co 1-4, tras a leve recuperación transportista, nas zapatillas de Bruninho (minuto 30).  “O Azkar adiantou  lixeiramente as liñas nos últimos minutos e puido empatar por desaxustes puntuais, emendables sen problemas” valorou Julio Delgado: “O 2-4 chegou nunha xogada de estratexia, o desgaste dos minutos condicionou o 3-4 e o empate chegou nun penalti” puntualizou o técnico.


Ficha técnica

Azkar Lugo: César, Diego Núñez, Jhony, Cuco e Adrián, no cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Jandri, Bruninho, Aranburu, Antonio, Cospe, Alex Diz, Juanpe, Solloso, Illi e Óscar Iglesias.
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, André, Juanma e Iago Míguez, no cinco inicial; tamén xogaron Enrique, Dani Martín, Christian, Antón, Fabio e Iago Barro.
Árbitros: Cid Bragado e González Armada (comité galego)
Goles: 0-1, minuto 12, Juanma (penalti); 0-2, minuto 22, Juanma; 0-3, minuto 23, Fabio; 1-3, minuto 30, Bruninho; 1-4, minuto 32, Christian; 2-4, minuto 33, Aranburu; 3-4, minuto 35, Alex Diz; 4-4, minuto 38, Aranburu (penalti)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores