Noticias
5 de setembro de 2012
Afinando puntería lonxe da portería

O equipo sénior feminino do Burela FS Pescados Rubén escolleu o municipio viveirense para pasar unha xornada fóra do común e vivir novas experiencias deportivas. As/Os representantes laranxas fixeron un alto no camiño de pretempada percorrendo o veciño monte San Roque nunha carreira de orientación, equipadas/os como auténticos exploradoras/es. O compás e o mapa deixaron paso despois ao arco e á frecha, nunha actividade na que as/os burelistas demostraron máis maña que forza e que a puntería laranxa supera as  porterías.

Como peche da xornada de convivencia, as xogadoras, xunto ao corpo técnico e á directiva, puideron gozar  dun xantar de confraternidade na idílica contorna da praia de Abrela, no Vicedo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores