Noticias
7 de setembro de 2012
Valdetires Ferrol FSF, última parada antes da liga

A cita copeira ante o Valdetires Ferrol FSF, o sábado, despedirá a pretempada do Burela FS Pescados Rubén. O segundo e último encontro da fase de grupos comezará para as laranxas ás 16.30 horas, no pavillón ferrolán da Malata.

Cunha vitoria, as pupilas de Javier Pardeiro garantiranse o pase ás semifinais, como campioas do Grupo B.

O sábado a XXII Copa Galicia tamén reunirá en Ourense o Ponte-Poio e o Cidade das Burgas-A Fervenza. No Grupo A, as pontinas, de Primeira, e as poienses, de Segunda, impuxéronse ao Fisober FSF (2ª División), por 1-7 e 5-0 respectivamente; no C, as ourensás, na máxima categoría, tamén se adxudicaron o seu primeiro encontro, ante o Montiño Concello de Mos (2-9), de Autonómica.

Sesión rexenerativa. Na recta final de pretempada, as xogadoras laranxas gozaron onte pola mañá dunha sesión rexenerativa na piscina de San Cibrao, con tarefas de tonificación muscular, natación e xogos lúdicos para mitigar a sobrecarga de traballo deste ciclo inicial.

Orvina. O Burela FS Pescados Rubén entrará na competición ligueira en Pamplona o sábado 15 de setembro. As mariñás mediranse ao Lacturale Orvina, a partir das 19.30 horas, no pavillón de Ezkaba.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores