Noticias
10 de setembro de 2012
O Burela FS, nas semifinais da Copa (Valdetires, 1-7)

O Burela FS Pescados Rubén materializou o sábado o pase ás semifinais da XXII Copa Galicia, despois de impoñerse a domicilio ao Valdetires Ferrol FSF (1-7), da Segunda División.  As pupilas de Javier Pardeiro sentenciaron o encontro xa no primeiro período cun contundente 0-7 no luminoso á chegada do descanso.

A relaxación laranxa na segunda parte impediu unha goleada maior. As ferrolás puideron anotar o tanto de honra, no minuto 24, nun rexeitamento de Patri.

O resultado da Malata permítelles ás burelistas a clasificación como campioas do Grupo B, que tamén se impuxeron ao Viaxes Amarelle (6-2). Xa teñen ademais o seu billete para a fase final outros dous de Primeira, o Ponte Ourense como primeiro do Grupo A, que venceu ao Fisober (1-7) e Poio (6-2), e Cidade das Burgas do C, con dous triunfos, Mos (2-9) e A Fervenza (11-1), que lle outorgan a clasificación. O cuarto en discordia sairá deste último grupo, como campión ou mellor segundo, entre Leis Pontevedra, A Fervenza e Mos.


Ficha técnica

Valdetires Ferrol FSF: Jeny, Sheila, Teresa, Andrea e María, no cinco inicial; tamén xogaron Diana, Yessy e Iria

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Dolo, Lara e Peque, no cinco inicial; tamén xogaron Dany, Lidia, Maite, Paula, Silvia e Patri

Goles: 0-1, minuto 4, Peque; 0-2, minuto 7, Lidia; 0-3, minuto 11, Peque; 0-4, minuto 12, Dolo; 0-5, minuto 13, Dany; 0-6, minuto 17, Silvia; 0-7, minuto 18, Silvia; 1-7, minuto 24, Sheila

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores