Noticias
14 de setembro de 2012
Burela Pescados Rubén e Fisiomedia Manacor inauguran unha tempada histórica en Vista Alegre

Vista Alegre abre a competición en Primeira da LNFS co apoio da afección laranxa e a presenza de Marca TV (en directo) no que será o primeiro partido da máxima categoría que se disputa en Burela (sábado 15. 13 horas). E será ante o Fisiomedia Manacor, que conta en nómina con coñecidos para a parroquia mariñá como Javi Rodríguez e Víctor López.

Os de Julio Delgado non teñen baixas  para tentar sumar os tres primeiros puntos en Primeira. Estarán por tanto as novas incorporacións Nacho Pedraza, Hugo Sánchez, Mimi,  Enrique Cánovas e Edu. A grada burelá lucirá a bo seguro un aspecto evenxable na presentación de gala da mellor Liga do mundo.

Pola súa banda, o Manacor chega á Mariña cun equipo renovado logo da saída de Paulinho e José Ruiz. Os de Tomás de Dios contan, entre outros, con xogadores da calidade de Vadillo (mellor peche da tempada 10/11), e os brasileiros Bruno Taffy e Joao.

O Pescados Rubén da por tanto a saída a esta histórica tempada en Primeira ao abrigo da afección laranxa. Un bo comezo daría aos locais unha tranquilidade estupenda para afrontar o inicio da competición. O vindeiro partido para o Burela FS será una saída o vindeiro venres a Santa Coloma para xogar contra o Marfil.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores