Noticias
16 de setembro de 2012
Brillante remontada e empate ante Orvina

Orvina e Burela FS Pescados Rubén empataron no primeiro partido de Liga da Primeira División feminina, no que ambas escuadras fixeron gala dun gran acerto finalizador. Aos nove minutos e tras un comezo equilibrado con dous equipos ben situados en metade de cancha, Sandra á saída dunha xogada de estratexia nun saque de banda conseguía adiantar ás rojillas.

O conxunto laranxa puido conseguir o empate nun remate de cabeza que se estrelaba no pau e xa a piques de finalizar o primeiro acto sería o Orvina quen acosase a portería visitante. Dous goles de Maite Villanueva na continuación, ambos en boas saídas de presión do Pescados Rubén, permitían ao conxunto navarro abrir brecha no luminoso. Segundos despois, a brasileira Dany desde a frontal recortaba distancias para o conxunto lucense que se metía de cheo no partido. A presión burelá comezaba a dar froitos en forma de maior intensidade e posesión de balón. Dany nunha rápida contra iniciada con saque en longo de Jozi facía o segundo tanto das galegas. Xa no tramo final do partido Dany en xogada persoal desde metade de pista e tras combinar con Dolo batía por terceira vez á pechacancelas local establecendo un empate, que deron por bo ambas as escuadras no desenlace do choque.

Ficha do partido

Orvina: Ana; Etayo, Sara Iturriaga, Bea Mateos, Berta Velasco e Bea Garde (quinteto inicial). Tamén xogaron, Andrea, Maite Villanueva, Mai Garde, Ana Burgui e Sandra.

Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Lucía, Dany, Peque e Dolo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Maite, Lida, Haydée e Lara.
Goles: 1-0, min. 9 Sandra; 2-0, min. 22 Maite Villanueva; 3-0, min. 23 Maite Villanueva; 3-1, min. 24 Dany; 3-2, min. 31 Dany; 3-3, min. 37 Dany

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores