Noticias
20 de setembro de 2012
Hugo cre que o Burela FS Pescados Rubén é “un equipo novo e estamos en fase de crecemento”

O equipo de Xullo Delgado, que viaxa para medirse ao Marfil o vindeiro venres, conta nas súas filas con Hugo Sánchez, que regresa a Santa Coloma onde xogou os últimos seis meses da pasada tempada. O xogador laranxa cre que o seu ex equipo “mellorou a finalización con Dani Salgado e a chegada de Sepe dálles unha rotación de calidade” e cre que “o máis importante é que sexamos responsables co balón sen tomar tantos riscos defensivos como no noso debut”.

O á lucense analiza a estrea en Liga con derrota ante o Fisiomedia Manacor: “Penso que o resultado foi moi avultado para o que se viu no partido. Apostamos por combinar e ter a posesión ante un rival que se dedicou a xogar co pivote sen elaboración. Con todo, no segundo tempo, cometemos fallos que en Primeira División non se perdoan e iso fixo que entrásemos nun ritmo de partido que non nos conviña e perdemos un pouco a nosa identidade”.

“Somos un equipo novo, levamos pouco tempo xogando xuntos e estamos en fase crecemento. Estamos xogando fronte a rivais que levan varios anos traballando xuntos e teñen unha vantaxe clara. Fixemos cousas boas no primeiro partido que deberían servir como un espello, pero debemos ser inconformistas e mellorar moitos aspectos do noso xogo aínda que temos as ideas claras e queremos gozar cun Fútbol sala divertido tanto para nós como para os afeccionados”, asegura Hugo Sánchez, en declaracións concedidas ao diario A Mariña-El Progreso.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores