Noticias
21 de setembro de 2012
A punto unha nova versión da web oficial

A empresa Megabyte Desenvolvemento Web ultima, en estreita colaboración co departamento de comunicación do club, a actualización da web oficial. O cambio non se limitará a aspectos estéticos senón que busca a adaptación a redes sociais e unha mellor experiencia de usuario/a. A páxina burelafs.org é desde a súa creación un dos sitios con máis visitas da comarca e unha web referencia en canto ao deporte do fútbol sala.

Desde o club preténdese que a versión totalmente operativa estea lista durante a próxima semana. Aínda que unha vez liberada procederase a actualizar datos, a base de datos actual seguirá completamente operativa, polo que poderán consultarse as noticias antigas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores