Noticias
22 de setembro de 2012
Estrea en Vista Alegre con victoria

O Burela Pescados Rubén estreou a competición ligueira ante a súa afección vencendo por 4-0 ao Gironella FS. Na segunda xornada da Primeira División, o conxunto burelense logrou a súa primeira vitoria nun partido de alta intensidade no que levou a batuta en todo momento.

O Gironella resistiu o empuxe laranxa ata o minuto 12. Nese instante apareceu o oportunismo de Dany para abrir o ferrollo visitante ao aproveitar un rexeite da porteira catalá, previo disparo de Lucía. As ocasións sucedéronse para o Burela pero ao descanso chegouse coa renta mínima (1-0).

Na segunda parte mantívose a mesma tónica aínda que a escasa renda local propiciaba que o Gironella albergase a esperanza. Idéntico guión, ecuador do segundo tempo e Dany bate a Esther cun zurdazo raso e cruzado que sitúa o 2-0 no electrónico e disipa calquera indicio de reacción visitante.

Nos minutos finais o Burela redondeou o marcador. O 3-0 co selo de Lucía Nespereira, golpeo seco coa dereita que viaxa directo á escuadra, demostrando que a súa lesión está completamente esquecida. Acto seguido, Lidia consegue o 4-0 final tras asistencia de Peque.

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Jozi, Dany, Lidia Mesías, Peque, Lucía Nespereira –cinco inicial- Dolo, Lara e Maite.

Gironella:  Esther , Anna Riera, Corin, Anna Costa, Claudia Pons –cinco inicial- Miriam e Sandra Rovira.

Goles: 1-0, min. 12, Dany; 2-0, min. 31, Dany; 3-0, min. 38, Lucía; 4-0, min.38, Lidia Mesías.

Árbitros: Campa Hevia e Rodríguez García. Colexio asturiano.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores