Noticias
25 de setembro de 2012
Segunda vitoria do CD Burela FS B

Segunda vitoria do CD Burela FS B que na segunda xornada derrotou ao Eypar Melide por un claro 5-9. O conxunto laranxa, dirixido por Iván Cao, suma seis puntos nas dúas primeiras xornadas da Terceira División, ambas as conseguidas a domicilio.

O encontro foi un contínuo carrusel de ocasións cos equipos envorcados na súa faceta ofensiva. O primeiro en golpear foi o Burela por mediación de Antón, no primeiro minuto de xogo. O intercambio de ocasións resultou favorable aos mariñáns que se marcharon ao descanso cun marcador favorable de 2-4.

Na continuación, os burelenses deixáronse a concentración nos vestiarios. Esta circunstancia foi aproveitada polos locais para remontar e situar o 5-4 no electrónico. Nese momento reaccionou o Burela que se mostrou moi superior nos últimos dez minutos, logrando conxugar a súa superioridade no xogo cunha excelente definición para acabar vencendo por un claro 5-9.


Ficha técnica


Eypar Melide: Marcos, Borja, Javier, Fernando, Sergio -cinco inicial- Alberto, Xurxo, Óscar, Manuel, Daniel, Vázquez e Pardo.


CD Burela B: Samuel, Keko, Antón, Souca, Bruno de Nois ? cinco inicial- Xoia, Carlos, Aarón, Fabio e Erik.

Goles: 0-1, min.1, Antón; 1-1, min.3; Borja; 2-1, min.4, Javier; 2-2, min.6, Carlos; 2-3, min.12, Aarón; 2-4, min. 19, Carlos; 3-4, min.23, Fernando; 4-4, min.28, Xurxo; 5-4, min. 29, Pardo; 5-5, min.31, Aarón; 5-6, min. 33, Carlos; 5-7, min.36, Keko; 5-8, min.38, Souca; 5-9, min. 39, Keko.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores