Noticias
26 de setembro de 2012
Alfonso Mera e Dolo imparten unha charla no IES Monte Castelo

O CD Burela FS estivo presente novamente na formación dos máis novos coa participación na charla que tivo lugar no IES Monte Castelo e levou por título ‘A actividade deportiva na idade escolar’. Alfonso Mera, preparador físico do equipo feminino, e Dolores Sánchez ‘Dolo’, xogadora do primeiro equipo foron os encargados de impartila. A conferencia estaba dirixida a alumnos/as de 2º, 3º e 4 de ESO.

Entre outros puntos de interese tratouse a definición de conceptos (exercicio físico, actividade deportiva, etc), os beneficios da actividade física a nivel fisiolóxico, psicolóxico e social, a aplicación do tempo libre por parte dos adolescentes, clasificación das actividades deportivas (deporte de competición, escolar e recreativo), a oferta de actividades de tempo libre na Mariña (de iniciativa pública e privada). A charla complementouse co vídeo ‘Cidadanía olímpica’ que tratou os valores propios do deporte. Para finalizar abriuse unha quenda de preguntas entre os asistentes.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores