Noticias
30 de setembro de 2012
Goleada burelá (0-6) no derbi ante Ponte Ourense

O Burela Pescados Rubén feminino levou o triunfo no derbi galego en terras ourensás ante o Ponte Ourense por un contundente 0 a 6. O equipo dirixido por Pardeiro encarrilaba o choque con tantos nos primeiros cinco minutos de xogo, obra de Peque de volea á saída dun saque de banda botado por Lucía e o segundo, da propia Lucía, de falta directa.

O Ponte Ourense tratou de encaixar o golpe, pero o poderío físico das burelás comezaba a marcar diferenzas sobre a cancha. Ao fío do descanso, Dany aproveitando un saque longo de Jozi, deixaba un cómodo 0 a 3 para as lucenses no intermedio. A brasileira facía o cuarto tanto ao pouco da continuación, aproveitando un balón rexeitado a remate de Lida.

Pouco despois o Ponte optaba por alternar o xogo de cinco en busca dunha reacción, aínda que Peque desde cancha propia e a porta baleira anotaba o quinto tanto e, dous máis tarde, Lida nun novo saque en longo de Jozi facía o sexto tanto burelá tamén a porta baleira. O Ponte Ourense tratou de recompor o seu xogo e buscar unha maior posesión de balón que lle permitise atopar físgoas, ante un Burela que administrou a súa folgada renda ata acabar impóndose por primeira vez na cancha ourensá ante o Ponte.

Ficha do partido

Ponte Ourense: Loli, Rosángela, Drica, Vanesa e Sarita (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ana, Chiqui, Cárol e Noe.
Burela FSF Pescados Rubén: Jozi, Lucía, Dolo, Peque e Dany (quinteto inicial). Tamén xogaron, Maite,, Lida, Haydée e Lara.

Goles: 0-1, min. 1 Peque; 0-2, min. 5 Lucía; 0-3, min. 18 Dany; 0-4, min. 25 Dany; 0-5, min. 28 Peque; 0-6, min. 30 Lidia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores