Noticias
30 de setembro de 2012
Debut amargo en Vista Alegre para o Burela FS B (1-6)

O Burela FS Pescados Rubén B debutou en Vista Alegre ante o 5 Coruña FS con derrota (1-6), malia disputar uns primeiros minutos equilibrados onde a falta de acerto rematou con condenar os de Iván Cao. A primeira parte finalizou con 0-2 no marcador a pesar das ocasións que dispuxo o cadro laranxa. Logo do reinicio, a vantaxe visitante continuou a medrar grazas aos goles de Edgar (2) e Brais.

Reduciu levemente a diferenza o Burela FS cun gol de Fabio no 37 (1-5) pero o tanto de Sergio a falta de un minuto para o final deixaba o electrónico nun severo 1-6 que non facía xustiza ao que se viu sobre a pista. Para Iván Cao, “a experiencia do contrario xogou na nosa contra en determinados momentos do xogo”.


Ficha do partido
CD Burela FS B
: Erik, Keko, Bruno Nois, Souka e Fabio. Tamén xogaron Aron, Ángel, Pichi, Neman e Samuel.
5 Coruña FS: Jacobo, Iván, Sergio, Edgar, Óscar. Tamén xogaron Brais, Bugia, Alejandro e Alfonso.
Goles: 0-1, minuto 8, Alfonso; 0-2, minuto 19, Bujia; 0-3, minuto 23, Edgar; 0-4, minuto 25, Edgar, 0-5, minuto 36, Brais, 1-5, minuto 37, Fabio; 1-6, minuto 39, Sergio.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores