Noticias
9 de outubro de 2012
Aprende a salvar vidas!
Curso de Primeiros Auxilios, o mércores 10, ás 20.30 horas, na Casa da Xuventude de Burela

A Casa da Xuventude de Burela acollerá mañá, mércores, un curso de Primeiros Auxilios, baixo a organización da SD Burela, AFD Porto de Burela e o CD Burela FS.


O facultativo Francisco Javier Couce será o encargado de informar e aconsellar sobre a atención ou coidado inmediato que se debe proporcionar a unha vítima de accidente ou enfermidade repentina, ata que se poida contar cos servizos médicos.


O curso dará comezo ás 20.30 horas e estará aberto a todo o público interesado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores