Noticias
16 de outubro de 2012
Melilla FS, rival dos laranxas na Copa do Rei

O Melilla FS, da Segunda División, será o rival dos laranxas na segunda eliminatoria da III Copa do Rei. Así o decidiu o sorteo de emparellamentos realizado esta mañá na Cidade do Fútbol da RFEF. A fase, a partido único, resolverase entre o martes 27 e o mércores 28 de novembro.


Así quedaron as eliminatorias, co factor cancha asignado ao rival de menor categoría ou menor puntuación a pasada tempada:


Reale Cartagena – Fuconsa Jaén
Ategua – Fisiomedia Manacor
Pinseque – Colegios Arenas Gáldar Gran Canaria
Cover Premià del Mar – Santiago Futsal
Carnicer Torrejón – Umacon Zaragoza
Azulejos y Pavimentos Brihuega – Puertollano
Las Cuevecitas – ElPozo Murcia
Nazareno – Triman Navarra
Hospitalet Bellsport – Ríos Renovables
Universidad de Valladolid – Caja Segovia
O Parrulo – Azkar Lugo
Uruguay Tenerife – UMA Antequera
Melilla – Burela Pescados Rubén
FC Andorra – Marfil Santa Coloma
Playas de Castellón – Inter Movistar
Castell Peñíscola Benicarló – FC Barcelona Alusport


O sorteo da terceira rolda da competición celebrarase o 4 de decembro.


Noia FS, para a Copa Galicia


O Burela FS Pescados Rubén medirase ao Noia FS, de Segunda B, nos cuartos de final da XXII Copa Galicia. O encontro, que se disputará na pista da vila coruñesa, aínda está pendente de data. O resto dos cruzamentos enfrontarán a Cidade de Narón-Azkar Lugo, Bembrive-O Parrulo e  Erichkrause-Santiago Futsal.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores