Noticias
17 de outubro de 2012
Castropol reunirá o Burela FS e o Azkar durante o parón ligueiro (sábado 27)

O I Torneo Triangular de Castropol reunirá o Burela FS Pescados Rubén e o Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Barres, a partir das 19.00 horas. Tamén participará o conxunto anfitrión, CD Marino de As Figueiras, que compite categoría provincial.


Catro días despois da devandita cita, os mariñáns volverán á pista para disputar os cuartos de final da XXII Copa Galicia. O mércores 31 visitarán o Noia FS (20.45 horas). O resto dos cruzamentos da fase terá como protagonistas a Cidade de Narón-Azkar Lugo, Bembrive-O Parrulo e  Erichkrause-Santiago Futsal.


Ambos campionatos permitiranlles aos laranxas manter viva a dinámica de xogo nesta longa parada para volver o 24 de novembro “o máis competitivos posible”, segundo explicou Julio Delgado. “Este período viranos moi ben para recuperar a plenitude de xogadores que estaban arrastrando molestias e lesións leves e non podían dar todo de si. Durante estes días Mimi, Hugo, Christian e Nacho están realizando traballo específico nas sesións; esperamos que se reincorporen ao grupo a próxima semana”, explicou o técnico burelista. 


“Estamos traballando con dedicación e ganas para volver na mellor forma posible e quitar esa espiña da ausencia de puntos, aínda que a sorte non nos acompañou en absoluto. Ao complicado regreso de liga, teremos que engadir o lastre da Copa do Rei entre Inter e ElPozo, coa longuísima e esgotadora viaxe a Melilla” lamentaba Julio Delgado, puntualizando armado de coraxe “definitivamente non queda outra que loitar contra as adversidades”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores