Noticias
18 de outubro de 2012
O cadete laranxa sae á palestra na casa do Club San Amaro

O Burela FS cadete sae á palestra competitiva de Autonómica 2012-13 o próximo domingo. O conxunto de Christian Fustes inagurará a tempada na casa do Club San Amaro, na Coruña, ás 11.00 horas.


Os laranxas serán os únicos representantes mariñáns na categoría, coa participación de Azkar Lugo e Concello de Guitiriz (Lugo); Cidade de Narón, Hércules A Coruña FS A, Maren-O Parrulo Ferrol e Colegio Liceo (A Coruña); O Carballiño FS e CD Beade (Ourense); ademais de Vigo 2015 FS e Concello de Vigo IES Coruxo (Pontevedra).


Outras das ligas que abren o curso esta semana é a de Autonómica Infantil, aínda que ao conxunto laranxa, con Carlos Méndez ‘Madar’ á fronte, non lle tocará saltar á pista. Tras o aprazamento da primeira xornada en Sarria fronte aos Meigallos FS, o equipo mariñán terá un prato forte para darlle a benvida á competición, recibindo o Azkar Lugo, o 27. O Burela FS medirase tamén ao Concello de Guitiriz, Colegio Liceo e ADC Lumieira Lugo (Lugo); CD Mare Nostrum FS e Troula Betanzos FS (A Coruña); EDM Verín FS (Ourense); e Vigo 2015 FS, Concello de Vigo IES Coruxo e ADFS Bueu (Pontevedra)


Ambas as dúas competicións reunirán un total de 12 equipos, con 22 xornadas ata o 11 de maio de 2013, con dobre despedida na pista do Vigo 2015 FS.


AXENDA DAS CATEGORÍAS DE BASE PARA A FIN DE SEMANA:


Liga Nacional Xuvenil


ADFS BUEU-BURELA FS
Domingo 21 de outubro, ás 13.00 horas, no pavillón de Deportes de Bueu


Liga Autonómica Xuvenil


BURELA FS-TROULA BETANZOS (Aprazado)


Liga Autonómica Cadete


CLUB DEL MAR-BURELA FS
Domingo 21 de outubro, ás 11.00 horas, no Club del Mar San Amaro da Coruña


Liga Autonómica Infantil


OS MEIGALLOS-ED EON BURELA FS (Aprazado)


Amigables


BURELA FS CADETE B-BURELA FS XUVENIL
Sábado 20 de outubro, ás 19.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela


AD SANTIAGO DE FOZ ALEVÍN-ED EON BURELA FS ALEVÍN
Sábado 20 de outubro, ás 17.00 horas, no pavillón do Cantel de Foz


AD SANTIAGO DE FOZ BENXAMÍN-ED EON BURELA FS BENXAMÍN
Sábado 20 de outubro, ás 18.00 horas, no pavillón do Cantel de Foz

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores