Noticias
19 de outubro de 2012
O espírito laranxa a través das ondas de Radio Marca

As ondas de Radio Marca propagaron onte a maxia do espírito laranxa na emisión nacional do seu programa Intermedio, dirixido e presentado polo director da canle, Paco García Caridad. O director xeral do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, compartiu micrófono co seu homólogo no Santiago Futsal, Miguel Fernández, e co adestrador do Azkar Lugo, Diego Ríos, para falar da realidade da Primeira División e da actualidade dos equipos galegos no primeiro tramo da liga.


Dende a delegación coruñesa de Marca coordinada por Jesús Sobrino, o espazo radiofónico repasou a singularidade do CD Burela FS como o única entidade de España con dous equipos na máxima categoría e o seu sólido traballo coa estrutura de base. José Luis Sáez atribuíulle “á gran resposta da masa social da comarca da Mariña e ao valioso apoio da empresa Pescados Rubén, dende o nacemento da entidade, as claves do crecemento do club laranxa” e agradeceu “a visibilidade e difusión que se ofrece do fútbol sala dende a canle de Marca para que se vaia consolidando como un dos referentes deportivos en España”. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores