Noticias
19 de outubro de 2012
A clínica Virxe da Mariña avalía a evolución de Edu

O meta e co-capitán do Burela FS Pescados Rubén, Edu, realizou onte na clínica Virxe da Mariña a súa primeira revisión, con excelentes noticias, tras a intervención de menisco á que foi sometido o luns pasado no Policlínico Lucense  SA. Despois de que a cirurxía descubrira unha lesión menor da esperada, tan só no corno do menisco interno, os primeiros exames revelaron ademais unha recuperación óptima do porteiro tanto en flexión coma en exercicios isométricos.


Edu podería volver ás pistas nun prazo de 5 semanas. O traumatólogo, José Antonio López Rodríguez, xa lle permitiu apoiar a perna e, se todo segue ben, poderá comezar coa rehabilitación a finais da próxima semana, despois da segunda revisión.


 


Convenio de colaboración


A Virxe da Mariña, que xa supervisa a saúde dos equipos sénior laranxas dende pretempada,  vén de formalizar a continuidade do convenio de colaboración co CD Burela FS Pescados Rubén en 2012-13, no que constituirá o sétimo exercicio de traballo conxunto entre ambas as entidades.
Baixo a xerencia de Mª. Esther García Insua, o centro médico-cirúrxico (Arcadio Pardiñas, número 145, Burela) dispón das especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía, radioloxía e alergoloxía. A clínica completa as súas consultas cun gabinete psicotécnico (permisos de conducir, de armas, de animais perigosos, patrón de embarcacións, motos acuáticas, mergullo...); tratamentos dermoestéticos e antienvellecemento (bótox, peeling, láser, luz pulsada, eliminación de manchas...), así como láser médico.


Entre os seus servizos, salienta o exitoso Gabinete de Nutrición (adelgazamento, dietas, educación alimentaria...), con excelentes resultados para conseguir un peso ideal e mellorar a saúde reducindo o risco de patoloxías como o colesterol ou a diabetes. Tamén ofrece o Igualatorio Médico, iniciativa de asistencia integral con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña, a prezos moi económicos.


 


Juanma


O outro piar da capitanía laranxa, Juanma, tamén foi intervido con éxito esta mañá no Hospital Modelo da Coruña. O neurocirurxián Manuel García Fantini dirixiu a operación para eliminar a hernia de disco que mantiña ao xogador afastado das pistas dende setembro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores