Noticias
22 de outubro de 2012
O Burela FS B levanta un 0-2 en contra e volve á boa senda no desafío mariñán

O Burela FS Pescados Rubén B volveu esta fin de semana á boa senda no seu primeiro desafío mariñán de Terceira División, coa visita do Pizzbur Cidade de Viveiro (4-3) a Vista Alegre. O cadro laranxa levantou o 0-2 en contra do primeiro período no que o seu técnico, Iván García ‘Lucas’, cualificou de “intenso derbi no que os rapaces non baixaron os brazos e souberon sufrir ata o final, sendo merecedores do resultado final”.


Aínda que os burelistas entraron no encontro con garra xerando moitas ocasións, foron os viveirenses os que souberon sacar a renda, aproveitando os erros locais para poñerse por diante no marcador. A cita xa se lles puxo costa arriba aos laranxas aos 2 minutos, cun gol de Paxi, que incrementou Marcos no 12.


Tras o descanso, o Burela FS fíxose co dominio do partido, pechando os da cidade do Landro na súa pista. A tentativa de revulsivo na contra de Fabio (1-2, minuto 24) tivo unha excesiva recompensa segundos despois para os visitantes nunha das súas escasísimas chegadas. No entanto, os de Lucas non se viñeron abaixo e seguiron asediando a meta rival; así, cun lanzamento de Antón dende os 10 metros e o tanto de Paxi en propia porta subiron a igualada ao electrónico, 3-3. O gol da vitoria volveuno asinar Fabio, no 36, nun contragolpe dirixido por Bruno de Nois, nunha recta final de infarto. Os viveirenses intentaron esgotar os últimos cartuchos coa arma do porteiro-xogador sen crear apenas perigo ata a bucina final.



Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Carlos, Fabio, Keko e Bruno de Nois, no cinco inicial; tamén xogaron Antón, Souka, Xoia e Hélder.


Pizzbur Cidade de Viveiro: Paxi, Pablo, Víctor Meitín, David e Miguel Ángel, no cinco inicial; tamén xogaron David Pérez, Marcos, Alejandro e Diego.


Goles: 0-1, minuto 2, Paxi; 0-2, minuto 12, Marcos; 1-2, minuto 24, Fabio; 1-3, minuto 25, David; 2-3, minuto 28, Antón; 3-3, minuto 34, Paxi (en propia porta); 4-3, minuto 36, Fabio


Árbitros: Saa Mateos e Darriba Villamor

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores