Noticias
26 de outubro de 2012
Vista Alegre defende o liderato ante o Móstoles
O Burela Pescados Rubén defende o liderado ante o histórico Móstoles FSF, actual campión de Copa e subcampión da Supercopa, o sábado día 27 a partir das 18:30 horas. Vista Alegre acolle un duelo entre galegas e madrileñas que xa é un clásico da Primeira División.
A pesar dun arranque ligueiro discreto, undécimo con catro puntos, o Móstoles ten un potencial que lle permite ser acredor dos tres puntos en calquera pista. Non será unha tarefa sinxela para o conxunto dirixido por Javier Pardeiro que espera a un rival “en franca progresión. Non se pode cuestionar que o Móstoles volverá estar no cume de Primeira; o seu quinteto de luxo con Belén, Patri Chamorro, Eva Manguán, María Otero e Inma, así o ratifica” asegurou o técnico burelense que poderá dispor do persoal ao completo, agás de Haydée recentemente operada da tendinite rotuliana do xeonllo dereito. O conxunto burelense quere un partido de alta intensidade e espera un rival con intencións diferentes aos que visitaron Vista Alegre ata o momento. A máxima goleadora laranxa, Dany, considera ao Móstoles “un rival ao que respectamos moito e en ningún momento infravaloramos o seu potencial pola súa situación na clasificación. Ten xogadoras con experiencia e moita calidade”. A pesar da dificultade do rival, Dany confía en manter a dinámica gañadora. “Temos a responsabilidade de xogar ante a nosa afección e queremos brindarlles un bo partido e unha nova vitoria que nos permita conservar o liderado”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores