Noticias
29 de outubro de 2012
O Burela FS B gaña ante o Bueu (4-5) no último suspiro

O equipo burelao venceu na complicada visita ao Bueu malia iniciar o partido con numerosos erros. O porteiro laranxa Erik fixo un encontro brillante detendo boa parte das ocasións xeneradas polos locais nos minutos iniciais. A primeira parte rematou con empate a dous no electrónico gracias á gran efectividade mostrada polos xogadores que adestra Iván Cao ‘Lucas’, con goles de Carlitos e Bruno para o Burela FS B.


Logo da reanudación, Souka faría o 2-3 que poñía por diante aos mariñaos, pero o Bueu empataría de novo tras un saque de banda. Con todo, os laranxas melloraron considerablemente en intensidade defensiva, o que lles permitiu pasar menos apuros.


Un final de infarto fixo que o cadro burelao anotara por mediación de Antón o 3-4 no minuto 39 e inmediatamente despois o Bueu refixo a igualada con porteiro xogador. Pero aínda quedaba o gol final, obra de Fabio, sobre a bocina para elevar o 4-5 final.


Ficha do partido
Bueu FS:  Hugo, Juanillo, Lea, David e Congui (cinco inicial). Tamén xogaron: Pacho, Javi, Mon, Toño, Rafa, Adri
Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Bruno de Nois, Carlitos, Antón e Souka (cinco inicial).  Tamén xogaron  Fabio, Xoia, Aron e Pichi.
Goles: 0-1, min. 4 Carlitos; 1-1, min 11. Juanillo; 1-2, min. 18 Bruno; 2-2, min. 19 Conqui; 2-3, min. 22 Souka; 3-3, min. 26 Congui; 3-4, min. 39 Antón; 4-4, min. 39 Mon; 4-5, min. 40 Fabio.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores