Noticias
30 de outubro de 2012
O Burela FS ultima o pase a semifinais da Copa

O Burela FS ultima a preparación para pelexar polo pase a semifinais da XXII Copa Galicia. A fase de cuartos decidirase para os laranxas mañá, nunha eliminatoria a partido único, ante o Noia FS, da Segunda División B; o municipal da localidade coruñesa acollerá o encontro ás 20.45 horas.


O vestiario do Julio Delgado contará coas numerosas ausencias que xa tivo que afrontar no Torneo Triangular de Castropol, no que o Burela FS se alzou campión. Para ampliar rotacións, poderán formar parte da expedición os xogadores do filial Erick, Antón, Fabio e Souka, entre outros. Nacho Pedraza será dúbida ata última hora.


Os outros dous equipos da Primeira División terán as súas respectivas loitas copeiras o xoves: o Santiago Futsal co Talleres ABC Vigo FS (12.30 horas, As Travesas) e o Azkar Lugo ante o Cidade de Narón (18.00 horas, Complexo Deportivo A Gándara).


 


Soto del Barco, 7 de novembro


O conxunto burelista disputará a súa próxima cita durante a parada da liga o vindeiro mércores, 7 de novembro, cunha nova visita ás terras veciñas de Asturias. O amigable enfrontarao ao Soto del Barco, da Segunda División B, nas instalacións municipais.


Os laranxas xa se mediron ao Soto en pretempada, con 12-1 a favor dos de Julio Delgado.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores