Noticias
31 de outubro de 2012
O Burela FS festexa o Samaín xunto aos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña

O CD Burela FS Pescados Rubén festexou hoxe o tradicional Samaín na compaña dos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. O director deportivo da entidade laranxa, Marcelo Santoro, e os xogadores Lucía Nespereira e Iago Míguez visitaron os centros de rehabilitación psicosocial e laboral do colectivo, en Burela e Ribadeo, para gozar dun día máxico cos seus integrantes, repleto de diversión terrorífica e de multitude de actividades (decoración con cabazas, chocolatada…).


Os representantes laranxas exerceron de xurado nos desfiles de disfraces dos dous centros da asociación. As mellores indumentarias na antesala desta gran noite que nas que ás ánimas poden volver ao mundo dos vivos foron agasalladas cunha camiseta do CD Burela FS Pescados Rubén e un balón. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores