Noticias
1 de novembro de 2012
Cómoda vitoria e pase as semifinais da Copa Galicia
O Burela Pescados Rubén logra a clasificación para as semifinais da XXII Copa de Galicia tras derrotar con claridade ao Noia FS por 1-6.

O conxunto mariñán non tivo excesivos problemas para imporse ao Noia, a pesar de que os locais se adiantaron no marcador.


O tanto animou os coruñeses, que mostraron a súa mellor versión no primeiro cuarto do choque. Mimi iniciou o espertar laranxa e Nacho Pedraza situou o 1-2, marcador co que se chegou ao descanso. Na continuación, o equipo dirixido por Julio Delgado foi o dominador absoluto do partido. Dani Martín, por partida dobre, aumentou a renda visitante e Nacho Pedraza e Antón selaron a clasificación para as semifinais.


 


Ficha técnica


Noia FS: Martín, Oscarín, Pepe, Diego Pernas, Marquitos –cinco inicial- Peti, Marcial, Carlos, Romario e Carlitos.


Burela Pescados Rubén: Iago Barro, Mimi, Enrique, André, Dani Martín-cinco inicial- Cesinha, Diego, Antón, Nacho Pedraza, Carlitos e Souka.


Goles: 1-0, minuto 3, Oscarín; 1-1, minuto 9, Mimi; 1-2, minuto 17, Nacho Pedraza, 1-3, minuto 21, Dani Martín; 1-4, minuto 29, Dani Martín; 1-5, minuto 35, Nacho Pedraza; 1-6, minuto 37, Antón.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores