Noticias
2 de novembro de 2012
Vista Alegre recibe o Leis, co Burela B pisándolle os talóns (sábado, 17.00)

Vista Alegre recibirá mañá o Leis Pontevedra nun desafío de proximidades na Terceira División. O Burela FS Pescados Rubén fará valer o factor cancha na oitava xornada pisándolle os talóns o seu rival na tentativa de escalar á zona alta; tan só 1 punto o prexudica sobre os pontevedreses (13 puntos). O duelo arrincará ás 17.00 horas.


O conxunto de Iván Cao ‘Lucas’ buscará prolongar a súa boa dinámica de resultados, tras as vitorias sobre o Cidade de Viveiro (4-3) e o Bueu (4-5), fronte a un conxunto que, pola contra, recolleu as súas dúas únicas derrotas ata o momento nas últimas xornadas, ante o 5Coruña FS (4-1) e O Esteo FS (2-7).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores