Noticias
5 de novembro de 2012
Igualdade na pista, igualdade no marcador entre o Burela B e o Leis (2-2)

O Burela FS Pescados Rubén B aferrouse o sábado pasado a un valioso punto tras unha pugna moi igualada na visita do Leis Pontevedra (2-2), un partido moi intenso no que ambas as escuadras se afanaron máis en defensa ca en ataque e no que o cadro mariñán marcou sempre o ritmo do electrónico.


O adestrador laranxa, Iván Cao ‘Lucas’, valorou a capacidade de superación dos seus xogadores nunha cita con pouca mobilidade de cara á portería: “Na primeira parte dominaron o equilibrio no xogo e a escaseza de ocasións, aínda así fomos capaces de marchar ao descanso con vantaxe de 2-1” considerou o técnico.


A distancia imposta por Antón e Keko antes do descanso esvaeuse nos minutos iniciais da segunda parte, cando o Leis asumiu maior protagonismo e aproveitou un saque de banda para empatar. “Con 2-2 o partido volveu á igualdade e calquera dos dous equipos puido gañar, cun intercambio constante de golpes” puntualizou Lucas.



Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén B: Samuel, Bruno de Nois, Souka, Antón e Keko, no cinco inicial; tamén xogaron Carlos, Fabio, Xoia e Erik


Leis Pontevedra: Xorxe, Eloy, Raúl Jiménez, Álvaro e Sergio, no cinco inicial; tamén xogaron Miguel, Martín, Sergio e Unai


Goles: 1-0, minuto 10, Antón; 1-1, minuto 18, Martín; 2-1, minuto 19, Keko; 2-2, minuto 25, Eloy


Árbitros: Carlos Suárez e Diego Franco


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores