Noticias
11 de novembro de 2012
Emocionante empate (3-3) en Vista Alegre con tres goles de Lucía

Cargouse en exceso de faltas o equipo laranxa no primeiro tempo para recibir ao Valladolid, un equipo armado de principio a fin e cunha calidade indiscutible, pero o equipo de Pardeiro fixo bo o xogo de posesión para adiantarse no marcador por mediación da goleadora da noite, Lucía (1-0. Minuto 17). Malia os esforzos por levarse os tres puntos, o Burela FSF Pescados Rubén topouse cun gran equipo castelán afortunado en determinados momentos e oportuno noutros. O xusto para ceder o empate diante dun Vista Alegre que rexistraba unha entrada máis que xeitosa (uns 700 afeccionados/as).


A indiscutible protagonista da noite foi Lucía, que con tres goles (minutos 17, 22 e 37) adiantou primeiro ao cadro laranxa e socorreuno despois, cando o tempo apuraba e as burelás ían por detrás no electrónico.


O Valladolid, que xogou de saída coas dúas ex laranxas Ro e Claudia, fixo unha impresionante remontada do 2-0 ata o 2-3. Pero o esforzo non lles alcanzou para levarse a vitoria da pista burelá, que segue sen coñecer a derrota este ano.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores