Noticias
14 de novembro de 2012
Avilés Sport y CD Burela FS, unidos pola base.
Ambos os dous clubs rubricaron convenio de colaboración para potenciar e dar continuidade á progresión de xogadores da estrutura avilesina no CD Burela FS
O pasado día 12 o Presidente do Club Avilés Sport e o Director Deportivo deste, trasladáronse á sede da entidade burelista procedendo a selar o acordo de colaboración entre ambas as dúas entidades. En virtude do devandito acordo os xogadores avilesinos poderán continuar o seu progesión e aprendizaxe na estrutura mariñana. O Directivo, José Luis Sáez, manifestou " na constante aposta polos mozos deportista asinouse este convenio que beneficiará a ambos os dous Clubs, dotando de proxección ás promesas do Avilesino Sport nunha estrutura de 1ª División e para o noso club será importante igualmente contar cos talentos asturianos para continuar coa súa formación. Pola súa banda o Presidente do Avilés Sport valorou moi positivamente o acordo agradecendo ao CD Burela FS o apoio á entidade asturiana " que significará un estimulo para os seus xogadores xuvenís e sénior"
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores