Noticias
14 de novembro de 2012
A foto de familia concentra en Vista Alegre a todos os equipos laranxas

Xogadores e xogadoras das escolas deportivas, equipos de base, equipo B, feminino e masculino de Primeira División, ademais dos equipos directivo e técnico, e monitores e monitoras do CD Burela FS Pescados Rubén déronse cita no pavillón Vista Alegre para realizar un ano máis a xa clásica fotografía de familia.


A instantánea será a protagonista principal do Calendario Laranxa 2013 que o club xa prepara en conxunto con empresas patrocinadoras e colaboradoras.


O Burela FS Pescados Rubén quere agradecer a colaboración de pais e nais, que desprazaron aos alumnos e alumnas das escolas expresamente para a toma da fotografía.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores