Noticias
14 de novembro de 2012
O equipo B mídese ao Ventorrillo en Vista Alegre

O equipo B xoga en Vista Alegre (sábado. 18:30 horas) ante o Ventorrillo FS un novo partido de Liga. O cadro visitante, que ven de perder co Esteo, conta cun conxunto composto por xogadores de calidade contrastada, “entre os que se atopan Javi Albéniz e Edu, ex do Carballiño”, tal e como confirma Iván Cao ‘Lucas’.


Non obstante, o adestrador do Burela FS Pescados Rubén B considera que o seu equipo está “preparado para volver a mostrar o potencial verdadeiro. Pois o último empate en Liga foi froito dun mal partido nun mal día”.


Lucas contará con todos os seus xogadores, aínda que ten a dúbida de Bruno que podería ausentarse por motivos persoais.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores