Noticias
15 de novembro de 2012
O cadro feminino visita ao Centelles catalán coa mirada posta no liderado

As xogadoras laranxas, que viaxan a Cataluña coa única baixa de Haydee, son conscientes da importancia dos tres puntos que poderían darlles o primeiro posto da clasificación, xa que nesta xornada descansa o Atlético de Madrid. O Burela FSF Pescados Rubén mídese este sábado ao colista, CFS Femini Centelles.


Javier Pardeiro advirte que “o rival pecharase atrás e ten xogadoras moi rápidas á contra, que estarán esperando o noso fallo”. O único punto que conseguiu o Centelles foi na pasada xornada ante Gironella, logo de ir incluso por diante no marcador. “Este empate de Gironella, ao que eu considero un gran equipo, xogando xa con porteira xogadora pode considerarse un aviso para nós. Debemos competir con moita concentración e armar o noso xogo con paciencia”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores