Noticias
18 de novembro de 2012
Líderes
O Burela Pescados Rubén accede ao liderado, tras vencer por 0-2 na cancha do Centelles, aproveitando a xornada de descanso do Atlético de Madrid Navalcarnero. A escuadra dirixida por Javier Pardeiro lidera a clasificación na décima xornada de Primeira División con 26 puntos, froito de dous empates e oito vitorias.
O choque en terras catalás foi un monólogo do conxunto mariñán ante un Centelles voluntarioso pero con escasos recursos ofensivos. Unicamente a falta de acerto na definición laranxa, os paus, e a actuación de Pipó, porteira local, impediu un marcador máis amplo. Peque encarrilou moi pronto o choque, minutos dous, tras un roubo en zona alta e definición perfecta ante Pipó. O Burela exerceu un dominio absoluto no xogo pero careceu de pegada para sentenciar o partido no primeiro período. Ao descanso chegouse co 0-1. A segunda parte transcorreu por idénticos parámetros e Dany sentenciou cun potente disparo desde a frontal, minuto 32. O Centelles probou fortuna con xogo de cinco pero non logrou inquietar ao Burela que logrou a súa oitava vitoria e conquista o liderado.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores