Noticias
21 de novembro de 2012
Partido de vértigo e día do club ante Inter Movistar no regreso da Liga a Vista Alegre

A competición da Primeira División masculina regresa a Vista Alegre (sábado 24. 17 horas) co enfrontamento ante o Inter Movistar madrileño, logo do excepcional partido de Copa ante o Santiago Futsal. Será este un enfrontamento de vertixe que será retransmitido pola TVG e que traerá ao pavillón burelao a un dos equipos con máis historia no deporte do fútbol sala en España.


A afección laranxa está chamada a ser protagonista no que será día do club para os socios e socias que se acheguen á cita. As entradas xa se poden adquirir nas oficinas da entidade (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97. Entrechán). Os prezos son de 12 euros para non socios/as adultos e 3 euros para non socios/as xuvenís, sendo a entrada gratuíta para os menores de 14 anos sen carné. En canto aos socios e socias do CD Burela FS, só pagarán o prezo de 3 euros por entrada os adultos.



Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres


Os xogadores do primeiro equipo Edu e Juanma, así como o Director Deportivo do Burela FS Pescados Rubén Marcelo Santoro ‘Neco’. Asistiron aos actos conmemorativos polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebraron o venres 23 na Casa do Concello de Burela, e que foron organizados polo Centro de Información ás Mulleres da Concellaría de Servicios Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores