Noticias
23 de novembro de 2012
Desprazamento complicado para o equipo B

O Burela FS Pescados Rubén B ten un enfrontamento complicado logo da derrota sufrida ante o Ventorrillo (4-6) en Vista Alegre a pasada fin de semana. Os de Iván Cao ‘Lucas’ mídense ao Pazos de Borbén, que ocupa a terceira praza da categoría, o sábado ás sete da tarde.


A escuadra pontevedresa faise forte na casa, onde perde moi poucos puntos, e conta ademais con xogadores moi físicos que a bo seguro complicarán o traballo ao conxunto laranxa. Os burelaos terán as baixas de Aarón, por lesión, e Erik, convocado co primeiro equipo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores