Noticias
23 de novembro de 2012
O Burela FSF Pescados Rubén defende o liderado ante o Cidade das Burgas

O conxunto feminino recibe a visita do Cidade das Burgas (Domingo. Vista Alegre, 12.30 horas) na súa defensa do liderado recentemente adquirido. As ourensás ocupan a zona baixa da táboa, pero perderon nos seus últimos desprazamentos ante Gironella e Orvina pola mínima. O adestrador Laranxa, Javier Pardeiro advirte que son “un conxunto moi físico e que se desenvolve ben en segundas xogadas, polo que temos que ter coidado cos rexeites e as súas transicións no xogo directo”.


Serán baixa para este encontro Haydee e Jozi, aínda que Pardeiro considera que “as xogadoras están moi concienciadas da importancia deste partido e estou seguro de que o darán todo para manter o primeiro posto antes do parón”. A competición en Primeira Feminina descansa durante os dous vindeiros fines de semana.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores