Noticias
25 de novembro de 2012
O equipo feminino vence no derbi galego (5-2) e consolida o liderado

As de Javier Pardeiro están a facer de Vista Alegre o seu fortín particular. Venceron ante o Cidade das Burgas por 5-2 e, logo do empate do Navalcarnero en terras navarras, consolidan o primeiro posto de Primeira cunha constancia espectacular e un xogo que invita ao optimismo.


O dominio do encontro foi para as locais que encadearon cinco goles consecutivos e arruinaron as esperanzas ourensás cun xogo de control que podía coa animosidade das xogadoras do Cidade. Peque abriu a lata no minuto 5 e volveu a anotar no 10. Logo sería a quenda de Dani, que marcaría no 11 e de novo no 23. Con 4-0 no electrónico, as burelás relaxáronse e non habería máis tantos ata o minuto 31 (5-0. Lidia). Nerea e María Romero marcaron os goles para as de Ourense nos minutos 32 e 39. Deixando o definitivo 5-2 para as locais.


Coa vitoria, as laranxas vanse ao parón en Liga con tres puntos importantísimos de vantaxe. Pois tanto Atlético de Madrid como Burela FSF Pescados Rubén están a ceder moi poucos puntos durante esta competición.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores