Noticias
26 de novembro de 2012
Peque volve á Selección Española para o Mundial de Portugal (3-9 decembro)

A determinante ala-pivote laranxa Patricia González Mota, Peque, volverá lucir a camisola vermella no III Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino 2012 de Portugal (3-9 de decembro). A Real Federación Española de Fútbol solicitoulle onte ao Burela FS Pescados Rubén a incorporación da xogadora madrileña, que substituirá na convocatoria definitiva a Sara Iturriaga, do Orvina.


Dende hoxe Peque formará parte da expedición vermella, que xa se concentrou onte na Cidade do Fútbol de Las Rozas, en Madrid. 


Completan a convocatoria oficial de España:


Porteiras: Vanesa  Barberá Martínez  (At. Madrid Navalcarnero), Belén de Uña (FSF Móstoles), Lorena Muñoz García (Valladolid FSF)                              
Peches: Patricia Chamorro (FSF Móstoles), Claudia  Pons Xandri (FS Gironella), Isabel García Carrión (At. Madrid Navalcarnero)
Ala-peche: Leticia Sánchez Martín (At. Madrid Navalcarnero)
Alas: Amparo Jiménez López (ASD Ternana Futsal-Italia), Ana  Sevilla Luján (At. Madrid Navalcarnero), Rosángela Sousa Silva (Ponte Ourense SAD)                       
Ala-pivotes: Patricia González Gómez (VP Soto del Real), Lorena Rubio Marcos (Universidad de Alicante)
Pivote: Natalia Flores (At. Madrid Navalcarnero)


 


Jozi repite co Brasil


O Burela FS Pescados Rubén tamén estará representado no compromiso mundial co combinado canarinho, cunha nova participación de Joziane de Oliveira, habitual das filas brasileiras baixo os paus. A gardameta laranxa, que se atopa coa selección na súa terra, en Fortaleza, dende o venres pasado, defenderá o título de campioa do mundo.


 


Calendario e rivais


O III Torneo Mundial de Fútbol Sala celebrarase na localidade de Oliveira de Azeméis, próxima á cidade do Porto, coa participación de 10 combinados. A Selección Española, que dirixirá Arsenio Pascual, quedou encadrada no Grupo B, xunto a Rusia, Ucraína, Costa Rica e Malaisia.  No Grupo A tomará parte a anfitrioa, Portugal, xunto á única campioa da cita ata o momento, Brasil, ademais de Irán, Xapón e Venezuela.


España debutará o 4 de decembro ás 11.00 horas (horario local) ante Ucraína, o 5 xogará ante Rusia (14.30 horas), o 6 ante Costa Rica e o 7 pechará a fase de grupos ante Malaisia. As semifinais disputaranse o día 8 e a gran final o domingo, 9. O pavillón Dr. Salvador Machado e Municipal de Oliveira de Azeméis acollerán os encontros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores