Noticias
29 de novembro de 2012
Reencontro do Burela FS coas Burgas, nas semis da Copa Galicia (xoves 6, 12.00 horas)

En menos de dúas semanas o Burela FS Pescados Rubén volverá verse as caras co Cidade das Burgas, nas semifinais da XXII Copa Galicia. Tras a vitoria en Vista Alegre do domingo pasado (5-2) e en plena parada ligueira, a escuadra de Javier Pardeiro desprazarase o vindeiro xoves, 6 de decembro, a Ourense para pelexar polo pase á cita autonómica definitiva (Os Remedios, 12.00 horas).


“Non será un partido doado” advirte o técnico laranxa, identificando as ausencias entre os efectivos e o traballo meticuloso de cara á liga como os principais hándicaps da cita copeira: “Non poderemos contar nin con Jozi nin con Peque, inmersas no mundial, ademais da lesión de Haydee; iso repercutirá no esforzo do resto do cadro. Aínda que estamos plenamente implicadas no retorno á liga, cunha volta moi difícil ante o Alcorcón, iremos a por todas para recuperar o título”.


A outra praza para a loita definitiva polo galardón irmandiño decidirase entre o Leis Pontevedra, de Segunda, e o tamén honorable Ponte Ourense.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores