Noticias
3 de decembro de 2012
Clara vitoria dos xuvenís sobre o Vilalba (1-4)

Os xuvenís laranxas impuxéronse con claridade a domicilio sobre o Vilalba (1-4), a pesar dos altibaixos na intensidade. Esta clara vitoria permítelles aos de Iván Cao, Lucas, seguir acariñando o liderado, manténdose a dous puntos, tras o resultado favorable do Azkar ante o Coruxo.


O Burela FS bateu cun rival defendendo en media pista para saír á contra. Carlos conseguiu atopar as fendas para marchar ao descanso con 0-1. Á volta, os mariñáns saíron máis fortes e acertados; en cinco minutos, ampliaron a vantaxe ata o 0-4, co regreso de Carlos, Miguel e Fabio. O Vilalba foi incrementando a súa perigosidade, coa oportuna resolución de Erik; na recta final chegou o gol da honra, 1-4.


Polo Burela FS saíron Samuel, Carlos, Fabio, Hélder e Ángel, ademais de Erik, Aitor, Alemán, Rubén, Pancho e Miguel. O cinco inicial dos locais compuxérono Diego Barro, Diego Sanjurjo, Felipe, Manuel e Ismael; tamén xogaron Alberto Rubén, José Manuel e Luis.


 


Liga Nacional Xuvenil


Valdesuso Vilalba FS 1-4 Burela FS


 


Liga Autonómica Cadete


Burela FS 2-1 Colegio Liceo


 


Liga Autonómica Infantil


Burela FS 1-3 Colegio Liceo


 


Deporte Escolar


FS Cidade de Viveiro Cadete 0-15 Burela FS Cadete A


Lourenzá Mondoñedo Cadete 2-3 Burela FS Cadete B


ED EON Burela FS Alevín A 10-0 Alfoz Alevín


ED Lourenzá Alevín 4-2 ED EON Burela FS Alevín B


ED EON Burela FS Benxamín 1-4 Praia de Covas Benxamín


 


Liga Prebenxamín da Mariña


AD Santiago de Foz 7-3 ED EON Burela FS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores