Noticias
3 de decembro de 2012
O Burela B dá a sorpresa e faise co derbi ante o Superti (5-1)

O Burela FS Pescados Rubén B deu a sorpresa no derbi mariñán de Terceira e sobrepúxose ao Superti Rececende (5-1), segundo na táboa, nun encontro moi serio tanto en ataque coma en defensa.


A desconfianza previa do cadro laranxa transformouse en dominio sobre a pista para crear perigo e ocasións durante todo o primeiro período, pero tamén para frear as escasas tentativas do rival. A primeira alegría para os burelistas chegou axiña, no minuto 3, aproveitando Carlos un rexeitamento tras presión sobre a portería visitante. Xa no 15, Xoia tamén culminou unha xogada individual para chegar ao descanso con 0-2.


Aínda que con inicio dubitativo, o cadro de Iván Cao, Lucas, conseguiu retomar os tempos do xogo na segunda parte e volveron os goles, no minuto 29, Arón, tras un roubo, e no 31, Carlos rematou unha xogada ao segundo pau. A reacción dos da Pontenova foi optar polo xogo de cinco, neutralizado polo sacrificio laranxa en defensa e a rigorosidade de Brais baixo os paus. Xa no último tramo, no minuto 38, Jairo puido estrear o luminoso visitante, tras un perda burelista, pero Arón (39) reapareceu para reafirmar a xusta vitoria local.


Ficha técnica


Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Souka, Carlos e Keko, no cinco inicial; tamén xogaron Xoia, Hélder, Arón e Pichi.


Superti Rececende: Javi, Mario, Pablo, Jairo e Josiño, no cinco inicial; tamén xogaron Marcos, Antón e Diego Coe.


Goles: 1-0, minuto 3, Carlos; 2-0, minuto 15, Xoia; 3-0, minuto 29, Aron; 4-0, minuto 31, Carlos; 4-1, minuto 38, Jairo; 5-1, minuto 39, Arón.


Árbitros: Franco Veiga e Castro Bermúdez

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores