Noticias
12 de decembro de 2012
Paula tamén esperta o interese da Selección Galega

A novísima xogadora laranxa Paula Cortiñas (Cervo, 1996) tamén espertou o interese da Selección Galega. O combinado irmandiño Sub-17 reclamou a súa presenza para comezar coa preparación do campionato de España de territoriais, previsto para febreiro. Paula adestrará hoxe no pavillón compostelán de Roxos Carmen Estévez, ás 18.45 horas.


Na convocatoria de Manuel Castillo tamén estarán María Arias, María Romero e Antía Piñeiro, do Cidade das Burgas; María Martínez e Olga Grande, do Ponte Ourense; María Gómez, Viaxes Amarelle; Sara Vázquez, do Leis Pontevedra; Nerea Ramallo, Laura Roce, Irene Carneiro e Belén, da Fervenza; e Paula García, Nerea Benárdez e Nerea Moldes, do Poio.


Sub-23 tamén ten programada unha sesión para hoxe, nas mesmas intalacións (20.15 horas), na que volverán adestrar as burelistas Lidia Mesías e Lara Balseiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores